Kalipedia Logo

Kalipedia

Saltar directamente a:
  1. Registro
  2. Acceder




Últimos posts

LuisCruz

TECNOLOXÍA

Materiais de Construción. Proba Escrita. | 08 de Abril 2008

Materiais de Construción O vindeiro 16 de abril, 3ºB terá a proba escrita sobre a Unidade Didáctica/Tema "Materiais de Construción". Para este exame os obxectivos a acadar son os seguintes: Obxectivos e contidos: 1.- Identificar e clasificar os materiais de construción empregados nas vivendas e infraestruturas actuais. 2.- Razoar a idoniedade dun material para empregalo na construción en función dos datos técnicos: densidade, resistencia á compresión e á tracción. Cambio de ...

LuisCruz

TECNOLOXÍA

Proba escrita da U.D. "Os metais" | 13 de Marzo 2008

O vindeiro mes de abril terá lugar a proba escrita para comprobar a comprensión dos contidos traballados na U.D. Os metais. Para a mencionada proba debes repasar as actividades de densidade realizadas en clase e estudar a teoría consultando o libro de texto. DATAS da Proba 2º A: 9 de abril de 2008 2º B: 7 de abril de 2008 Debes saber: Os tipos de minas que hai. A diferenza entre siderurxia e metalurxia. Clasificar e describir as propiedades dos metais. A diferenza entre materia...

Escrito por:
LuisCruz
1 comentario
Etiquetas:
LuisCruz

TECNOLOXÍA

Benvid@s ao IES Ferrol Vello | 18 de Febrero 2008

O Departamento de Tecnoloxía dávos a benvida ao IES Ferrol Vello. O IES Ferrol Vello é un centro de ensino secundario no que se imparte a ESO. Está situado na cidade de Ferrol, e leva funcionando como IES dende o ano 1997. Con este blog preténdese axudar ao alumnado de tecnoloxía na organización e realización das tarefas propostas dende o departamento de Tecnoloxía. Esperamos que sexa unha ferramenta útil, sobre todo para o alumnado. Grazas pola vosa visita, Departamento d...

Escrito por:
LuisCruz
1 comentario
Etiquetas:
LuisCruz

TECNOLOXÍA

Proxectos do alumnado de Tecnoloxía do IES Ferrol Vello | 18 de Febrero 2008

Os proxectos elixidos polo alumnado do IES Ferrol Vello para este curso son os seguintes: 2º ESO A: caixa para gardar ferramentas, cometa, máquina de efectos encadeados, máquina para facer pompas de xabón. 2º ESO B: automóbil, cometa, máquina de Leonardo da Vinci, máquina de efectos encadeados, máquina para facer pompas de xabón. 3º ESO A e B: reparación de robots electromecánicos. 4º ESO A+B: cohete autopropulsado, dispositivo "sen fíos" localizador de control remoto de TV. 4º...

Escrito por:
LuisCruz
Sin comentarios
Etiquetas:
LuisCruz

TECNOLOXÍA

Tarefas para o 2º Trimestre | 17 de Febrero 2008

Indícovos os prazos de entrega dos traballos e instrumentos de avaliación para o 2º trimestre do curso 2007-2008. Actividades para traballar as Competencias lingüística, matemática e dixital 2º ESO A e B: 25/02/08 3º ESO A: 25/02/08 3º ESO B: 25/02/08 4º ESO A+B: 05/03/08 Caderno A data final para entregalo é o 07/03/2008 para tódolos cursos e grupos (2ºA, 2ºB, 3ºA, 3ºB, 4ºA+B, 4ºC). Non o deixes para o último día. Ten en conta que nesas datas vas ter moito traballo. ...

Escrito por:
LuisCruz
2 comentarios
Etiquetas:
LuisCruz

TECNOLOXÍA

EXAME DE INFORMÁTICA DO 2º TRIMESTRE (Curso 2007-2008) | 15 de Febrero 2008

En próximas datas terán lugar os exames de informática en 2º e 3º de ESO. 2º ESO A Exame: 19/02/08 2ª Oportunidade: 26/02/08 2º ESO B Exame: 20/02/08 2ª Oportunidade: 27/02/08 3º ESO A Exame: 29/02/08 2ª Oportunidade: 07/03/08 3º ESO B Exame: 27/02/08 2ª Oportunidade: 05/03/08 Para a proba práctica debes saber facer o seguinte: Sistema Operativo: Configurar o aspecto do Escritorio (fondo, resolución de pantalla) e o rato (para uso por unha persoa zurda) Abrir, ...

Escrito por:
LuisCruz
Sin comentarios
Etiquetas:
LuisCruz

TECNOLOXÍA

Visita do colexio Cruceiro de Canido ao IES Ferrol Vello | 13 de Febrero 2008

O alumnado do colexio Cruceiro de Canido visitará o vindeiro 14 de febreiro o IES Ferrol Vello. Entre as actividades previstas está unha visita ao taller de Tecnoloxía para coñecer as súas intalacións e ver os traballos feitos polos alumnos de ESO. Esperamos vervos o próximo curso

Escrito por:
LuisCruz
Sin comentarios
Etiquetas:

Accede a todos los Blogs

Sobre este blog...

TECNOLOXÍA

Este blog pretende ser un punto de apoio para as tarefas cotiás do alumnado de Tecnoloxía do IES Ferrol Vello, tanto dentro como fóra da aula.

Compañeros:
Todavía no hay compañeros.

Mis etiquetas